STYPENDIA NA LETNIE KURSY GALISYJSKIEGO NA UNIWERSYTECIE W A CORUÑI
Centrum Studiów Galisyjskich naszego Instytutu oferuje kolejne stypendia (500 € brutto) do Galicji na letni kurs galisyjskiego w A Coruñi od 2 do 24 lipca 2018 r. Termin zgłoszeń upływa 17 maja 2018 r.
O SNL, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décima edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.
Persoas destinatarias
Aquelas persoas de fóra de Galicia interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega e en ampliaren os seus coñecementos sobre a cultura galega.
Niveis
Nivel elemental (A1-A2) de iniciación á lingua galega para as persoas que desexen introducirse no seu coñecemento
Nivel intermedio (B1-B2) destinado a quen xa relizase o curso de nivel elemental ou acredite documentalmente un coñecemento básico do idioma.
Calendario, duración e lugar de realización
80 horas lectivas que se impartirán entre o 2 e 24 de xullo de 2018 na Universidade da Coruña
Bolsas
A Universidade concederá 18 bolsas de estadía de 500 euros brutos (suxeitos ás retencións correspondentes: 19% no caso de persoas procedentes da Unión Europea e 24% para persoas procedentes de países non comunitarios).
Documentación e prazo para formalizar a inscrición
- Solicitude debidamente cuberta.
- Imaxe dixitalizada do documento de identidade (para cidadáns da Unión Europea) ou pasaporte para persoas de fóra da Comunidade Europea.
- Currículo da persoa solicitante.
- Unha breve memoria en que figuren, cando menos, as motivacións e o interese polo coñecemento e estudo da lingua e cultura galegas, así como a contribución do curso para a formación e o futuro laboral e/ou investigador.
- De ser posible, unha carta de presentación dun/ha profesor/a da entidade en que estuda.
Toda esta documentación enviarase ao correo electrónico snl@udc.gal antes do 17 de maio de 2018.
Matrícula
As persoas seleccionadas recibirán unha comunicación por correo electrónico co formulario e as instrucións para formalizar a matrícula.
O seu importe é de 60 €.
Ligazóns de interese para saber máis sobre Galicia e a súa lingua